Tuesday 21 de May de 2024

Aberto o prazo para presentar os traballos ao XXIV ‘Bergondo nun conto’, ao XVII Concurso de Marcapáxinas e ao II Concurso de vídeo


· A data límite de entrega é o 9 de maio e os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán un bono de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos á campaña ‘En Bergondo Mellor’.

· Os tres concursos están centrados no Día dás Letras Galegas e o seu homenaxeado deste ano, Francisco Fernández del Riego.

Outro ano máis pequenos e maiores do Concello de Bergondo póñense ao choio para presentar os seus traballos para o XXIV Certame Literario ‘Bergondo nun conto’ e para o XVII Concurso de Marcapáginas, concursos centrados no Día dás Letras Galegas e o seu homenaxeado para este ano, Francisco Fernández del Riego.

Nesta edición do ‘Bergondo nun conto’ tomará a protección e o benestar dos animais, tema sobre o que deben versar os traballos. Hai tres categorías: educación infantil e primeiro ciclo de primaria, segundo e terceiro ciclo de primaria, e secundaria e adultos.

No concurso de marcapáginas, como todos os anos, os traballos deberán gardar relación co Día dás Letras Galegas ou co autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. Divídese en catro categorías: educación infantil, educación primaria (1º, 2º e 3º), educación primaria (4º, 5º e 6º), e educación secundaria e adultos.

Por segundo ano consecutivo celébrase o concurso de vídeo, que terá unha única categoría e no que as persoas participantes deberá gravarse lendo, recitando ou dramatizando algún texto de Francisco Fernández del Riego ou de creación propia, sempre en galego.

O prazo para presentar as obras dos tres concursos, que deberán estar en galego, finaliza o 9 de maio. Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán un bono de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos á campaña ‘En Bergondo Mellor’.